Nomeamento de persoal estatutario fixo, e adxudicación de destino definitivo na categoría de facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas, e médico/a de urxencias hospitalarias

  • Oposicións

DOG 63 do 7/4/2026 - RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de facultativo/a especialista de área de pediatría e as súas áreas específicas e médico/a de urxencias hospitalarias, convocados polas resolucións do 26 de decembro de 2022.

 

Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e de médico/a de urxencias hospitalarias as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino, segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.

Adxudicarlles ás persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no anexo indicado.

 

As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver

An Error Occurred: Internal Server Error

Oops! An Error Occurred

The server returned a "500 Internal Server Error".

Something is broken. Please let us know what you were doing when this error occurred. We will fix it as soon as possible. Sorry for any inconvenience caused.