Nomeamento de persoal estatutario fixo, e adxudicación de destino definitivo na categoría de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas, e médico/a coordinador/a do 061
- Oposicións
Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a do 061 as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución, logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizaren a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias dos procesos selectivos.
Adxudicarlles ás persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, as prazas que figuran no anexo indicado.
Declarar finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas categorías de facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas e médico/a coordinador/a 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 das resolucións de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.
As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas