Nomeamento persoal estatutario fixo, e adxudicación de destinos na categoría de celador/a
Nomeamento de persoal estatutario fixo e adxudicación de destinos na categoría de celador/a no proceso selectivo de estabilización polo concurso de méritos
- Oposicións
Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría celador/a a persoa aspirante que se inclúe no anexo I desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino segundo o previsto na base novena da convocatoria do proceso selectivo.
Adxudicarlle á persoa aspirante, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no anexo indicado.
A persoa aspirante nomeada disporá do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, a aspirante seleccionada deberá realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.
Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas