Nomeamentos e toma de posesión de persoal estatutario fixo no SERGAS

Varias categorías de persoal sanitario de formación profesional.

  • Oposicións

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías de técnico/a superior nas especialidades de:

- anatomía patolóxica e citoloxía,

- dietética e

- documentación sanitaria,

as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.

Así mesmo, adxudicarlles ás devanditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.

Segundo. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior nas especialidades de anatomía patolóxica e citoloxía, dietética e documentación sanitaria, sen prexuízo do previsto na base 10.3 da convocatoria do proceso selectivo.

Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

Volver