Nova xerencia da área de Pontevedra-O Salnés

CIG-Saúde esixe que a maior brevidade se negocie coas xuntas de persoal un Plan funcional de choque

  • Pontevedra

CIG-Saúde alégrase de que o SERGAS por fin tomara a decisión de cesar ao equipo directivo de Pontevedra.

Esta organización sindical transmitiu a través da Xunta de Persoal de Pontevedra, xa no mes de marzo a ineptitude desta Xerencia e falta de diálogo e negociación do equipo directivo.

A Xerencia en ningún caso modificou a súa actitude senón que empeorou, e así foi transmitido ao SERGAS a través dos distintos órganos de representación.

CIG-Saúde entende que a nova xerencia de Pontevedra ten que reunirse coas xuntas de persoal, que son os órganos de representación de todos os traballadores/as, para abrir un novo espazo de diálogo e negociación á maior brevidade posible.

É urxente a negociación dun Plan funcional de choque, que teña en conta a todos os colectivos, e que recolla medidas específicas sobre recursos humanos, económicos e materiais na atención primaria, para mellorar as actuais condicións de traballo tan precarias que se están a padecer nesta área.

Volver