O novo Estatuto Marco consolida a reclasificación sen actualización salarial
- Sanidade Pública
CIG-Saúde non asinou en xaneiro de 2026 un texto que cambia os grupos profesionais pero non garante nin a reclasificación nin a actualización salarial.
A pesares de que o novo Estatuto Marco introduce unha clasificación profesional máis adaptada ás titulacións académicas e mellora a estrutura actual dos grupos, para a CIG-Saúde non é suficiente posto que o persoal que traballa
na sanidade leva anos mal clasificado pola falta de aplicación real do EBEP ao persoal estatutario, xerando unha débeda histórica coas categorías profesionais.
O Ministerio actualiza a clasificación pero deixa fóra o fundamental: AS RETRIBUCIÓNS
O propio Estatuto Marco establece que:
“ A nova clasificación profesional non pode supoñer incremento do gasto público”.
Entre outras cousas, por isto CIG-Saúde non asinou o texto do novo Estatuto Marco.
Na práctica isto significa:
- nova clasificación profesional,
- novos grupos e nomenclaturas,
- pero mantendo o sistema retributivo antigo da Lei 55/2003.
QUE DEFENDE CIG-Saúde?
- unha clasificación profesional propia da sanidade,
- adaptada ás titulacións, á especialización e ás funcións reais,
- e con retribucións adaptadas á nova clasificación.
A ACTUALIZACIÓN SALARIAL TEN QUE SER PARA TODAS AS CATEGORÍAS
QUE ASINARON CCOO, UGT, CSIF E SATSE?
Asinaron co Ministerio un acordo para crear un grupo de traballo que fará unha proposta retributiva para trasladar a Facenda.
Para CIG-Saúde isto é insuficiente posto que non hai ningunha garantía de que se faga efectiva esa proposta retributiva. O asinado non repara a débeda histórica nin tampouco recoñece nin garante unha reclasificación real para todas as categorías.
A reclasificación e a actualización salarial tiñan que vir garantidas xa no Estatuto Marco non quedar pendente de hipotéticas negociacións.
CAMBIAR O NOME DOS GRUPOS NON REPARA A DÉBEDA HISTÓRICA CO PERSOAL DA SANIDADE
Novas Relacionadas
Últimas novas