O SERGAS convoca Mesa extraordinaria para falar das médicas/os de Urxencias Hospitalarias

Despois da presión realizada diante da Dirección Xeral de RRHH, desde hai máis dun ano, a Dirección Xeral ven de convocar reunión extraordinaria de Mesa sectorial para o martes, 30/01/2024, “coa finalidade de tratar a aplicación do Acordo de melloras retributivas e nas condicións de traballo de data 20/04/2023 ao persoal médico de urxencias hospitalarias”.

Esta non é a convocatoria que agardabamos xa que CIG-Saúde demanda a convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias de abril de 2007 para poder dar continuidade ao seguimento deste acordo.

CIG-Saúde non renunciamos a seguir demandando a convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias de abril de 2007. Mentres esta non se produce, na Mesa Sectorial extraordinaria reclamaremos:

  • A valoración da aplicación do Acordo de Urxencias do 2007, tanto nos aspectos económicos como de xornada.
  • A análise da aplicación dos plans funcionais de urxencias, e da xornada complementaria real realizada polos profesionais.
  • A revisión de complementos salariais do acordo de 2007 para defender o diferencial existente no momento da súa sinatura.
  • A aplicación as médicas/os de Urxencias dos acordos de melloras retributivas e nas condicións de traballo de abril de 2023.
  • A aplicación as médicas/os de Urxencias doutros acordos de mellora xa acordados ou en trámite de negociación na Mesa sectorial.
  • A revisión dos elementos asistenciais que dificultan o traballo das médicas/os de Urxencias: informes Rx, drenaxe de pacientes, etc.
  • Os criterios de decisión na creación de novas prazas da categoría de médicas/os de Urxencias e o seu reparto por Áreas sanitarias.

 

Volver

An Error Occurred: Internal Server Error

Oops! An Error Occurred

The server returned a "500 Internal Server Error".

Something is broken. Please let us know what you were doing when this error occurred. We will fix it as soon as possible. Sorry for any inconvenience caused.