O SERGAS deixa fóra ao persoal de xestión e servizos dos PAC
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
CIG-Saúde comunicou no mes de xuño ao SERGAS unha situación detectada en relación ao persoal administrativo dos PAC que considera moi grave.
No Acordo da Mesa Sectorial do 15 de abril de 2026, asinado por CSIF, CCOO e UGT, recóllese expresamente que o persoal de xestión e servizos dos PAC ten dereito a percibir o complemento de quenda rotatoria complexa.
Pero cando ese acordo se traslada á Orde do 22 de abril de 2026 a través do DOG, esa parte do acordo non figura.
O resultado é que nas nóminas de xuño este persoal non percibiu o complemento que figura no acordo.
Dende CIG-Saúde esiximos explicacións na mesa sectorial e que se corrixa esta situación con carácter inmediato.
- O persoal de xestión e servizos dos PAC ten dereito a cobrar o que figura no acordo.
- O cobro deste complemento foi unha das demandas de CIG-Saúde nas convocatorias de folga dos meses de marzo e abril.
Non imos permitir que se eliminen dereitos polo camiño!