O SERGAS VÓLVENOS A MALTRATAR!

NÉGASE A RECOÑECER AS 1.533 HORAS PARA TODO O PERSOAL

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Na mesa sectorial celebrada o 17 de outubro, o SERGAS volve demostrar o seu desprezo polo persoal da sanidade pública.

Só recoñecen as 1.533 horas anuais ao persoal baixo o Acordo de Concertación Social (ACS), negándolle este dereito ao resto de traballadoras e traballadores de Atención Primaria e Hospitalaria.

PERO A INXUSTIZA NON REMATA AÍ

Néganse a facer o CÓMPUTO REAL DA XORNADA ao persoal fora do Acordo de Concertación Social (ACS).

Unha burla intolerábel cara a quen sostemos cada día a sanidade pública!

CIG-SAÚDE DI ALTO E CLARO: BASTA XA!

Non imos permitir máis discriminación nin falta de respecto.

Estamos dispostos a continuar coa mobilización social e a presentar demandas legais por cada persoa afectada!

DEFENDE O QUE É TEU!

Participa nas mobilizacións

Fai valer o teu dereito ás 1.533 horas

Que non xoguen co noso tempo nin coa nosa dignidade

CIG-SAÚDE – A forza das persoas que loitan pola sanidade pública!

Volver