OPE: adxudicación de destino definitivo e inicio do prazo de toma de posesión

Diversas categorías de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, convocado polas resolucións do 15 de decembro de 2022.

Para o ingreso nas categorías de:

As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes (do 18 de xuño ao 17 de xullo), contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, de conformidade coa base 10.4 das resolucións de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

 

Volver