OPE: adxudicación de destinos definitivos e inicio do prazo de toma de posesión

En diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

Son as categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022:

• Facultativo/a especialista en Alergoloxía.

• Facultativo/a especialista en Anatomía Patolóxica.

• Facultativo/a especialista en Anestesioloxía e Reanimación.

• Facultativo/a especialista en Anxioloxía e Cirurxía Vascular.

• Facultativo/a especialista en Aparello Dixestivo.

• Facultativo/a especialista en Cardioloxía.

• Facultativo/a especialista en Cirurxía Pediátrica.

• Facultativo/a especialista en Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora.

• Facultativo/a especialista en Endocrinoloxía e Nutrición.

• Facultativo/a especialista en Hematoloxía e Hemoterapia.

• Facultativo/a especialista en Medicina Física e Rehabilitación.

• Facultativo/a especialista en Medicina Intensiva.

• Facultativo/a especialista en Medicina Interna.

• Facultativo/a especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.

• Facultativo/a especialista en Nefroloxía.

• Facultativo/a especialista en Neuroloxía.

• Facultativo/a especialista en Oftalmoloxía.

• Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica.

• Facultativo/a especialista en Otorrinolaringoloxía.

• Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas Áreas Específicas.

• Facultativo/a especialista en Pneumoloxía.

• Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica.

• Facultativo/a especialista en Psiquiatría.

• Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico.

• Facultativo/a especialista en Reumatoloxía.

• Facultativo/a especialista en Uroloxía.

• Facultativo/a especialista en Xeriatría.

• Médico/a coordinador/a 061.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto terceiro desta resolución, unha vez finalizado o prazo de toma de posesión, serán ofertadas, ás novas persoas aspirantes de cada categoría/especialidade pola orde de prelación que resulte da lista definitiva e con independencia da quenda de acceso, as prazas vacantes que de ser o caso resulten, de acordo coa base 10.4, dos seguintes supostos:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver