OPE baremación definitiva médico de familia de atención primaria
se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria e se inicia o prazo para a elección de destino.
- Oposicións
Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas no concurso oposición segundo o que establece a base 10.4 da resolución de convocatoria, e unha vez comprobada a documentación das novas persoas aspirantes incluídas inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso, publícase como anexo I desta resolución a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Publicar como anexo II desta resolución a relación de destinos que se lles ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas, en cumprimento do previsto na base 10.4 da convocatoria
Abrir un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan nesta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).
As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.
Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha lista informativa de adxudicación de destinos.
De conformidade co previsto no artigo 8.3 do Decreto 48/2023, do 20 de abril, de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia, na relación do anexo II figuran destinos ofertados cun requisito de docencia (prazas con titorías).
Consonte o mesmo precepto, o/a profesional que seleccione tales destinos deberá estar acreditado/a como titor ou titora no prazo máximo dun ano desde a súa toma de posesión, e exercer como tal unha vez acreditado/a. No caso de que non obteña a dita acreditación nese período, perderá o destino definitivo e deberá participar no seguinte ciclo anual do concurso de traslados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas