OPE: convocatoria para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional
Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Oposicións
- Sanidade Pública
Convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, técnico/a en farmacia e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
Categoría |
Subgrupo |
Acceso libre |
Promoción interna |
Discapacidade |
Discapacidade intelectual |
Total |
Titulación |
Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría |
C2 |
558 |
653 |
55 |
40 |
1306 |
Título de técnico/a auxiliar de clínica (FP 1º), técnico/a auxiliar de enfermaría (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) ou técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (FP de grao medio, familia profesional sanidade) |
Técnico/a en farmacia |
C2 |
12 |
19 |
4 |
3 |
38 |
Título de técnico/a en farmacia ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional |
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico |
C1 |
29 |
34 |
4 |
0 |
67 |
Título de técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional |
As solicitudes de participación poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2025, ambos os dous días incluídos (do 5 de setembro ao 15 de outubro de 2025).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas