OPE: convocatoria para o ingreso na categoría de enfermeira/o

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Categoría

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Enfermeiro/a

A2

1.361

495

124

1.980

Título universitario oficial de grao en enfermaría, diplomatura universitaria de enfermaría ou equivalente

As solicitudes de participación poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2025, ambos os dous días incluídos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Dirección Xeral, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso administrativa nos termos da Lei 29/1998, de 13 de xullo.

Volver