OPE: data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición de varias categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Os exames realizaranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca; avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).
As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.
A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/ expedient-e), desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.
O código QR conterá información do lugar, a data e a hora de realización dos exercicios, así como a porta de acceso e o posto do exame que lle corresponde a cada aspirante. Co obxecto de axilizar a entrada ao recinto, a persoa aspirante debe ter á man ambos os documentos: código QR e documento de identidade. Non se lles permitirá o acceso ao interior do recinto de realización das probas aos/ás aspirantes que non presenten o código QR impreso.
Data e hora das probas selectivas
Categoría/especialidade |
Data |
Hora |
Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía |
Sábado, 10 de maio de 2025 |
9.30 |
Grupo de xestión da función administrativa |
||
Técnico/a superior en documentación sanitaria |
Sábado, 10 de maio de 2025 |
16.00 |
Grupo auxiliar da función administrativa (quenda discapacidade intelectual) |
||
Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico |
Domingo, 11 de maio de 2025 |
9.30 |
Técnico/a superior en Dietética |
Domingo, 11 de maio de 2025 |
16.00 |
Grupo técnico da función administrativa |