OPE: persoas aspirantes definitivamente seleccionadas e inicio do prazo de elección de destino

Para as categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Publícase como anexo I a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a superior en hixiene bucodental e técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Aprobase a relación de destinos que se lles ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso para cada unha das categorías e que figura como anexo II desta resolución.

Abrese un prazo de dez días hábiles (do 3 ao 16 de setembro), contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver