
OPE: publicación do modelo de respostas definitivo e puntuacións provisionais da fase de oposición
Varias categorías de persoal estatutario
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o modelo definitivo de respostas, aprobado polo órgano de selección, correspondente a cada un dos exercicios que integran a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas seguintes categorías polas diferentes quendas de acceso:
– Persoal sanitario non facultativo:
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,
- técnico/a superior en dietética,
- técnico/a superior en documentación sanitaria e
- técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
– Persoal de xestión e servizos:
- Grupo técnico da función administrativa,
- grupo de xestión da función administrativa e
- grupo auxiliar da función administrativa (en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual).
Publícase, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición dos correspondentes procesos selectivos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal para o efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Novas Relacionadas
Últimas novas