OPE: puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición de varias categorías

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Para o ingreso nas seguintes categorías polas diferentes quendas de acceso:

Persoal sanitario non facultativo:

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria e técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Persoal de xestión e servizos:

Grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e grupo auxiliar da función administrativa (en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual).

Declarase finalizada a fase de oposición dos referidos procesos selectivos.

Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos nas bases 7 e 11 das resolucións de convocatoria dos procesos.

Volver