OPE: puntuacións provisionais da fase de concurso para a categoría de médico/a de familia de atención primaria
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación, ante o respectivo tribunal de selección, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.