OPE: relación de persoas aspirantes seleccionadas para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a nova relación de persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022.

As persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución e que non presentaron a documentación no prazo establecido na Resolución do 26 de decembro de 2024, disporán do prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución (do 9 ao 22 de xullo), para presentar a seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accedesen pola quenda de persoas con discapacidade deberán presentar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi presentada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Volver