Os/as aspirantes das convocatorias de OPE, concurso de méritos e postos de difícil cobertura non poden verse prexudicados/as polas demoras da Administración
- Oposicións
- Sanidade Pública
CIG-Saúde ven de enviar un escrito ao SERGAS solicitando que se publique a lista provisional do concurso de méritos de FEAs de xeito inmediato, antes de pechar o prazo de elección de destino de FEAs de difícil cobertura.
Os/as aspirantes que están seleccionando destino teñen que facelo sen saber se collerían praza ben polo concurso de méritos de estabilidade ou polo de concurso-oposición.
O concurso de méritos de difícil cobertura obriga as/os profesionais a estar como mínimo dous anos nos destinos que se ofertan e decaen, unha vez tomen posesión, tanto do concurso de méritos como do concurso- oposición.
O SERGAS non pode “xogar” así cos/as aspirantes, teñen que dispor de toda a información para poder decidir en consecuencia!
Novas Relacionadas
Últimas novas