Outros temas da mesa sectorial do 17 de outubro

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

1. Convocatoria embriólogos/as

O SERGAS pretende ofertar varias interinidades en Vigo, Santiago e Coruña cos seguintes requisitos de participación:

- Grao de Medicina e Cirurxía, Farmacia, Veterinaria, Ciencias Biolóxicas, Ciencias Químicas.

- Ter prestado servizos no ámbito das profesións habilitadas polas referidas titulacións oficiais, como mínimo durante un período de 2 anos nunha Unidade de Reprodución Humana Asistida (RHA).

- Acreditar unha Formación específica en RHA mínima de 60 créditos.

CIG-Saúde denunciamos que, con estes requisitos, a única forma de acceder é dispoñer de tempo traballado nun centro privado.

Con isto o SERGAS nega a formación e acceso ao emprego público con criterios de igualdade, mérito e capacidade. Isto agravase con que o criterio de selección vai ser a entrevista.

CIG-Saúde esiximos a creación da categoría, que se definan as súas retribucións e condicións de traballo e que se creen as listas de selección temporal de esta.

Así mesmo CIG-Saúde tamén denunciou que se acuda a esta práctica sen antes esgotar as listas de selección temporal de FEAs en análise clínico e FEAs en bioquímica.

2. Criterios de incorporación e cesamento

O SERGAS di que non vai modificar os actuais criterios de incorporación e cese, pero que emitirá unha instrución para que se cumpra o Estatuto Marco actual.

Din que as primeiras persoas en cesar por unha incorporación de OPE serán aquelas que superen no momento da toma de posesión os 3 anos na interinidade.

3. Lei de medidas de Galicia.

O SERGAS fai unha exposición das cuestións que vai incluír na lei de medidas:

- Creación da categoría de Enxeñeiro/a biomédico.

CIG-Saúde recordamos que había 4 decretos de creación de categoría negociados en mesa sectorial e que están pendentes de publicación: técnico/a superior en ciencias da información, técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación, bibliotecario/a e enxeñeiro/a superior biomédico/a.

- Modificación do termo ATS/DUE por Enfermeiro/a nas categorías da Lei 17/1989.

- Consolidación de grao para categorías A1 e A2 sanitarias.

O persoal nomeado en postos de supervisión, coordinación... de xestión e servizos, e sanitario de formación profesional podían optar pola consolidación de grao (nivel do complemento de destino) cando levan 2 anos no posto.

So poderán acceder as persoas que foron nomeadas a través de convocatoria pública no DOG.

- Modificación da Lei 2/2022 de postos de difícil cobertura.

Prorrogan a aplicación desta lei durante 3 anos máis.

Retiran ás categorías das unidades de saúde mental do ámbito de aplicación desta lei.

Empeoran a permanencia esixida ao persoal que acade praza a través dos procesos selectivos publicados en base a esta lei. Esixirán 3 anos de permanencia en servizo activo a tempo completo na praza para poder participar no CTAP ou acceder a prazas por promoción interna.

CIG denunciamos que empeorando as esixencias de permanencia non van facer máis atractivo que participen e accedan a estes postos.

CIG esiximos que non se impida o desfrute dos permisos, reducións ou excedencias ás que teñan dereito por conciliación estas persoas que acaden praza por esta vía.

- Modificación do Decreto 206/2005 para a consolidación de grao do persoal sanitario.

CIG lamentamos que non incluísen na modificación do Decreto 206/2005 a retirada do requisito de un ano de permanencia para participar no CTAP.

- Modificación do Decreto 91/2007 de integración do persoal laboral das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Retiran a limitación a tres procesos de integración, podendo realizar máis procesos de integración. A intención é que sexa posible facer unha oferta de integración de persoal que quedou fóra, como pode ser o do Ciclotrón.

- Modificación dos requisitos das categorías de sistemas e tecnoloxías da información.

CIG puxemos en cuestión e solicitamos que se revise a modificación que se pretende facer na categoría de técnico/a especialista posto que sendo un grupo C1 rebaixan a titulación esixida a técnico/a de grao medio cando actualmente é de técnico/a superior.

4. Sentenza das vacacións cotizadas e non desfrutadas gañada pola CIG-Saúde en relación aos trienios:

A Subdirectora informa que está adaptado o programa dende esta semana. Van adiantar de oficio a data de vencemento a todo o persoal fixo e temporal. Os efectos económicos van ser dende o 1 de outubro de 2025. Ao persoal fixo xa se aplica na nómina deste mes de outubro.

5. Requisito de titulación para médica/o asistencial do 061

CIG-Saúde denunciamos que estamos en contra da modificación dos requisitos de titulación na categoría de médico/a asistencial do 061 realizada a través da convocatoria de OPE. Dende a creación da categoría o requisito de acceso foi sempre estar en posesión do título de especialista en medicina familiar e comunitaria, e agora permítese o acceso a calquera categoría cando nos atopamos no momento en que se instaura a nova especialidade de urxencias e emerxencias.

Denunciamos que abre unha porta de acceso a especialistas sen experiencia en urxencias e que non van ter acceso pola vía extraordinaria á nova especialidade de medicina de urxencias e emerxencias.

6. Visualización no FIDES das nóminas, fichas de haberes e permisos:

CIG-Saúde denunciamos que as persoas xa non poden acceder a esta información en FIDES de toda a súa vida laboral, só uns poucos anos atrás e solicitamos que se poida ver por completo.

A subdirectora di que está en programación para que se poida ver tanto o activo coma o histórico de todo, posiblemente estará para finais de novembro.

Volver