Permiso por festivo en sábado no SERGAS - 2026
- Sanidade Pública
O SERGAS informa de que neste ano 2026 o persoal que non está dentro do acordo de concertación social contará con un día de permiso como compensación polas “festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, cando coincidan con sábado” (15 de agosto).
A quen afecta
- Persoal médico de atención hospitalaria, excepto médicos/as de urxencias hospitalarias.
- Persoal sanitario de atención primaria (centros de saúde), excepto persoal técnico sanitario e TCAE.
- Traballador/a social de atención primaria.
O que leva reclamando CIG-Saúde
Desde comezos de 2025, CIG-Saúde esixe que a estas/es profesionais se lles aplique a asimilación á xornada de quenda fixa de mañá do acordo de concertación social.
Isto suporía unha xornada anual de 1.533 horas.
Acordo asinado por outros sindicatos
CSIF, CCOO e UGT asinaron na acta de fin de folga do 24 de novembro de 2025 que a compensación en días libres polos festivos que coincidan en sábado para este persoal será nos mesmos termos que na Administración Xeral da Xunta de Galicia.
Confirmación do SERGAS
Na Mesa Sectorial do 10 de febreiro, o SERGAS confirma que en 2026:
- O único festivo a compensar será o 15 de agosto.
Para CIG-Saúde debería compensarse tamén o 25 de xullo, xa que igualmente cae en sábado, ou outros festivos locais que en Galicia coincidan en sábado.
CIG-Saúde segue defendendo a igualdade de condicións e a compensación xusta para todas e todos os profesionais.