Persoal residente: novos dereitos, agora toca aplicalos no SERGAS
A nova normativa estatal afecta a todo o persoal residente
- AgEnfermeira
- AgMédica
- Sanidade Pública
O BOE do 6 de novembro de 2026 modifica as condicións de traballo e as retribucións do persoal residente. CIG-Saúde esixe negociar a súa aplicación en Galicia.
DESDE O 1 DE XANEIRO DE 2027
Aumenta o complemento de grao de formación, que xa existía, e incorpórase o primeiro ano de residencia.
|
|
% do soldo base |
|
|
Ano |
Complemento actual |
Novo complemento |
|
R1 |
0% |
18 % |
|
R2 |
8% |
28 % |
|
R3 |
18% |
38 % |
|
R4 |
28% |
48 % |
|
R5 |
38% |
58 % |
DESDE O 1 DE SETEMBRO DE 2027
|
XORNADA E GARDAS |
NOVOS LÍMITES |
|
Xornada ordinaria |
35 h/semana de media semestral |
|
Xornada total, incluídas gardas |
45 h/semana de media trimestral |
|
Gardas |
4 módulos de 17 h/mes, como regra xeral |
|
Quinta garda |
Excepcional e con condicións |
|
Duración máxima |
17 h de traballo efectivo |
|
DESCANSOS |
NOVOS DEREITOS |
|
Entre xornadas |
12 horas seguidas |
|
Descanso semanal |
24 horas, acumulables ao descanso diario |
|
Descanso semanal non gozado |
Compensación nun máximo de 14 días |
Tamén se introducen cambios en conciliación, control horario e prevención de riscos laborais.
QUE SE CONVOQUE A MESA SECTORIAL PARA NEGOCIAR A APLICACIÓN DA NOVA NORMATIVA
- Xornada e gardas: adaptar os horarios aos novos límites e negociar as condicións excepcionais da quinta garda.
- Descansos e libranzas: garantir os descansos legais e manter a libranza compensatoria da garda do venres xa acordada en Galicia.
- Retribucións: aplicar a subida do complemento de grao de formación desde xaneiro de 2027.
- Condicións de traballo: establecer criterios comúns en todas as áreas sanitarias sobre horarios, conciliación, rexistro horario e prevención de riscos.
CIG-SAÚDE ESIXE NEGOCIACIÓN, COMPROMISOS CONCRETOS E UN CALENDARIO DE APLICACIÓN.