Pola negociación dun Plan de Ordenación de RRHH de Atención Primaria
- Atención primaria
- Sanidade Pública
CIG-SAÚDE esixe a inmediata negociación na Mesa Sectorial do SERGAS dun Plano de Ordenación de Recursos Humanos (PORRHH) de Atención Primaria, que conteña os aspectos que teñen que ver directamente coa indispoñibilidade de persoal, coas xubilacións que se van producir nos próximos 5 anos, coa reordenación ou reasignación de persoal e coa incorporación de novos profesionais en función das necesidades asistenciais.
Se non hai un diagnóstico das necesidades mal pode haber propostas de solución. A Consellaría de Sanidade debe abordar este tema con rigor e transparencia, xa que até o momento o único que persegue é lexitimar as súas políticas con medidas erradas.
CIG-Saúde esixe un Plano de Ordenación de Recursos Humanos que recolla: |
|
Prazas vacantes por xubilación no período 2010/19. Disgregadas por EOXI, Centro de Saúde e PACs |
Como foi a cobertura destas prazas:
|
Prazas vacantes que se van a producir por xubilación no período 2020/25 |
Persoal que estea en prolongación da vida laboral e que accederá á xubilación forzosa ao cumprir 70 anos. Datos do nº de persoas que neste período cumprirán 65 anos. |
Composición dos cupos por grupos de idade |
Nº de TIS dos cupos agrupados por idade. |
Estudo de novas necesidades de persoal |
Nº de prazas MIR e EIR a convocar nos vindeiros anos. |
Resto de información que sexa de interese: previsión de ITs, ausencias do persoal ... |
Paralelamente á elaboración deste plano o goberno galego ten a obriga de rematar coa taxa de reposición. Unha taxa que leva aplicando dese o ano 2010, impedindo a cobertura das prazas vacantes producidas nestes anos.
Mentres exista taxa de reposición seguirá a precariedade laboral: |
|
A Sanidade Pública necesita unha Atención Primaria que dea resposta ás necesidades de saúde, e as/os profesionais necesitan traballar en condicións dignas e de estabilidade para ofertar unha asistencia sanitaria de calidade, dedicando o seu tempo a por os seus coñecementos ao servizo da poboación, e non a resolver as trabas que a Administración lles impón.
Unha Atención Primaria de Calidade cunhas condicións laborais dignas é posible!
Novas Relacionadas
Últimas novas