Por un convenio colectivo único para o persoal investigador

PLATAFORMA GALEGA DE TRABALLADORAS/ES DE INVESTIGACIÓN SANITARIA (PLAGTIS)

  • Institutos investigación
  • Sanidade Pública

Comité de empresa da Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS)

Comité de empresa de Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS)

Comité de empresa de Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)

  • Os Comités de Empresa das tres Fundaciones Sanitarias de Galiza engloban a grande parte do colectivo investigador e de xestión a nivel hospitalario en Galiza.
  • As Fundacións Sanitarias de Investigación de Galiza a día de hoxe non dispoñen dun convenio laboral específico que rixa as diferentes categorías profesionais e regule os dereitos das traballadoras e traballadores. A maior parte do persoal está contratado en situación precaria e con contratos temporais, a maioría en fraude de lei.
  • A pesar desta anomalía, insostible no tempo, ata o de agora non existiu ningún interese por parte da administración en negociar o primeiro convenio proposto tras a creación dos Comités de Empresa asociados aos tres principais centros de investigación biomédica en Galicia: IDIS, INIBIC e IISGS.
  • Ata o de agora, a falta de interese por parte da administración demóstrase en que a Consellería de Sanidade e a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) se desvincularon totalmente do proceso negociador ao desestimar o noso requerimento feito a través do Consello Galego de Relacións Laborais, manifestando que non queren coordinar o proceso.
  • Onte, os Presidentes das Fundacións de A Coruña e Santiago, á súa vez Xerentes das respectivas EOXIs, comprometéronse á negociación do convenio ao que tamén esperamos que se una proximamente a Fundación de Vigo.
  • A partir deste momento, ábrese un prazo de 15 días nos que se agardará a resposta formal das tres Fundacións. De non recibir resposta, iniciaremos as medidas oportunas, convocando unha primeira concentración en maio.
  • Dende os comités de empresa das tres Fundacións contamos con que o convenio sexa articulado nunha única mesa conformándose un único convenio a nivel autonómico.

As traballadoras e traballadores das Fundacións de Investigación Sanitaria de Galiza queren denunciar a deixadez da Consellería de Sanidade e da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) ante a proposta de negociación do primeiro convenio para este colectivo, que aúna a 440 traballadoras e traballadores, hai xa máis de seis meses.

 

As Fundacións Sanitarias teñen encomendada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a xestión integral da investigación e innovación que os profesionais sanitarios da nosa comunidade desenvolven, así como a promoción dos resultados que a actividade investigadora xera. A misión de todas elas é impulsar a investigación, a docencia, a innovación e o desenvolvemento científico-tecnolóxico no ámbito sanitario galego. Traballan para promover a innovación e investigación galega, poñendo a disposición dos investigadores/as e resto da sociedade os medios e recursos precisos

Volver