Próximas publicacións en DOG

OPE, concurso de traslados e listas de selección temporal

  • Concurso de traslados
  • Oposicións
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Concurso para o acceso a prazas fixas de Facultativo/a especialista en atención primaria (FEAP)

Luns 24 de outubro:

·         Resolución parcial do proceso selectivo, ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de FEAP. A resolución abre o prazo de toma de posesión, para os 91 aspirantes que elixiron destino.

 

Concurso de traslados aberto e permanente

Luns 24 de outubro:

·         Resolución pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario na categoría de médico/a de familia.

 

Listas de selección temporal

Martes 25 de outubro:

·         Resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enxeñeiro/a superior biomédico/a no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Volver