Previsións OPE, Concurso de traslados e listas de contratacións
Facilitadas en Mesa Sectorial
- Concurso de traslados
- Mesa Sectorial
- Oposicións
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Concurso de traslados aberto e permanente:
Informan de que teñen previsto publicar as adxudicacións definitivas antes de que remate o ano, a ser posible antes da segunda quincena de decembro.
Listas de selección temporal:
- Publicación en DOG o 23 de outubro das listas definitivas das categorías de Bibliotecario/a e Grao medio
de biblioteconomía. - Publicación en DOG o 30 de outubro das listas definitivas das categorías que faltaban.
Concurso de méritos de difícil cobertura:
- No mes de outubro teñen previsto publicar a baremación provisional de todas as categorías excepto especialistas en enfermaría de saúde mental.
- A intención é que nesas categorías a Resolución final sexa antes de que acabe o ano 2023.
- Non deron previsións para a categoría de especialista en enfermaría de saúde mental.
Concurso de méritos de estabilización:
- Enfermeiro/a: está pendente a toma de posesión que pretenden facela o antes posible, pero non
especifican data. - PSX e TCAE: indican que se reuniron os tribunais e que están xerando os listados, polo que nos próximos
días publicarán do DOG a baremación provisional. - Resto de categorías: indican que irán resolvendo a medida que se produzan os exames de oposición.
Concurso-oposición:
- Enfermeiro/a: publicación en outubro da plantilla definitiva de respostas e as notas provisionais.
- Publicación no DOG o 25 de outubro do lugar, hora e data de celebración dos exames de TCAE e PSX.
CIG-Saúde preguntamos pola convocatoria das prazas incluídas na Oferta de emprego público do ano 2020 das categorías de Grupo técnico e Grupo xestión da función administrativa, posto que caducan a 21 de decembro de 2023.
A Directora de RRHH informa de que traerá á mesa sectorial a Oferta de emprego público do ano 2023, e que teñen previsto negociar dita convocatoria antes de que caduque.
Novas Relacionadas
Últimas novas