Probas para obtención do celga 1, 2, 3 e 4

Publicado día 6 de marzo en DOG

  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

O prazo de presentación de matrícula estará aberto desde o 7 de marzo ata o día 27 de marzo de 2023.

As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude a través da sede electrónica da Xunta.

 

Volver