Orzamentos 2027
Máis persoa. Melloras salariais. Recuperación de dereitos!
- Sanidade Pública
CIG-Saúde reclama financiamento e negociación real para a sanidade pública.
01 EQUIPARACIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO CO PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA
Revisión do complemento específico, da produtividade fixa e dos niveis do complemento de destino para equiparar as retribucións.
02 MODIFICACIÓN DO SISTEMA DE RETRIBUCIÓN DA DEDICACIÓN EXCLUSIVA
Negociar un novo sistema que retribúa o compromiso de traballar exclusivamente na sanidade pública.
03 NOVA CLASIFICACIÓN PROFESIONAL
Adaptada ás titulacións, á formación, á especialización e ás funcións reais, co recoñecemento salarial correspondente.
04 IDENTIFICACIÓN E INCREMENTO DOS CADROS DE PERSOAL
Identificar todas as prazas estruturais, consolidar as existentes e crear as necesarias para unha asistencia de calidade.
05 REFORZO DOS CADROS DE PERSOAL E MELLORA DAS RETRIBUCIÓNS EN ATENCIÓN HOSPITALARIA
Revisar as ratios segundo as cargas reais de traballo, ampliar os cadros e mellorar as retribucións de todas as categorías.
06 INCREMENTO DOS CADROS DE PERSOAL E MELLORA DAS RETRIBUCIÓNS EN ATENCIÓN PRIMARIA
O plan 2027–2030 nace insuficiente e incumprindo compromisos. Máis prazas en centros de saúde e PAC, sen esperar á sobrecarga, con cifras e calendario concretos, e melloras retributivas para todas as categorías.
07 MODELO DE MEDICINA DE FAMILIA EN ATENCIÓN PRIMARIA
Integrar en 2027 o persoal FEAP nunha única categoría de Medicina de Familia, con atención ordinaria e PAC.
08 RECUPERACIÓN DOS TRES DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN PENDENTES
Recuperar os tres días sen renunciar a eles pola redución de xornada ata o equivalente ás 35 horas semanais.
09 RECUPERACIÓN DAS RETRIBUCIÓNS ÍNTEGRAS DAS PAGAS EXTRAORDINARIAS
Recuperar a contía íntegra das pagas extraordinarias de todo o persoal do SERGAS.
10 XUBILACIÓN ANTICIPADA E EXENCIÓN DE NOITES
Impulsar a xubilación anticipada aos 60 anos e a exención de noites desde os 55 anos, sen perda retributiva.
11 CIG-SAÚDE ESIXE UNHA NEGOCIACIÓN REAL DOS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS PARA OS ORZAMENTOS DE 2027
Os plans deben ter financiamento. Negociar coa representación sindical as dotacións de persoal e medios para 2027.
12 INTEGRACIÓN DO PERSOAL DAS UNIDADES DE CONDUTAS ADITIVAS TRANSFERIDO AO SERGAS
Negociar a estatutarización do persoal das UCA e abrir o proceso ao resto do persoal laboral e funcionario transferido.
CIG-Saúde esixe incluír estas demandas na vindeira mesa sectorial e negocial os recursos humanos, materiais e as melloras retributivas para 2027.