Publicación a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

  • Selección Temporal

DOG 74 do 22/4/2026 - RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

 

RESOLVE:

Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de:

- enfermeiro/a,

- enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e

- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

 

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Volver

An Error Occurred: Internal Server Error

Oops! An Error Occurred

The server returned a "500 Internal Server Error".

Something is broken. Please let us know what you were doing when this error occurred. We will fix it as soon as possible. Sorry for any inconvenience caused.