Publicación da data, hora e lugar dos exames de OPE do SERGAS

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe, 16 de outubro, publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Sistema sanitario público de Galicia.

1. Calendario de exames por categorías.

 
Data Hora Categorías
Sábado 24 de outubro 9:30 Técnico/a en farmacia, Logopeda, Condutor/a.
Sábado 24 de outubro 16:00 Fisioterapeuta, Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, Fontaneiro/a, Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información.
Domingo 25 de outubro 16:00 Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE), TCAE (quenda discapacidade intelectual), Técnico/a en farmacia (quenda discapacidade intelectual).
Domingo 8 de novembro 9:30 Médico/a de admisión e documentación clínica, Técnico/a superior en sistemas e tecnoloxías da información, Traballador/a social, Mecánico/a.
Domingo 8 de novembro 16:00 Grupo auxiliar da función administrativa.
Sábado 14 de novembro 9:30 Médico/a xeral de ADOS, Farmacéutico/a de atención primaria, Odontólogo/a de atención primaria, Técnico/a de xestión en sistemas e tecnoloxías da información, Calefactor/a.
Sábado 14 de novembro 16:00 Celador/a, Celador/a (quenda discapacidade intelectual).
Domingo 15 de novembro 9:30 Médico/a asistencial do 061, Terapeuta ocupacional, Dietista-Nutricionista, Electricista.

2. Documentación obrigatoria e normas de acceso

Requisito Indicación
Documento de identidade DNI ou outro documento fidedigno de identificación.
Código QR Obrigatorio presentalo impreso. Sen el non se permite o acceso.
Onde obter o QR Fides/expedient-e, dispoñible desde o 16 de outubro.
Bolígrafo Azul ou negro, de tinta indeleble.
Mochila ou bolso Un só, de tamaño pequeno, que deberá permanecer no chan durante o exame.
Alimentos Prohibidos, agás por causa médica xustificada.
Dispositivos electrónicos Prohibido acceder con móbiles, reloxos, auriculares e outros dispositivos electrónicos ou con memoria. Non haberá servizo de recollida.

3. Desenvolvemento das probas e xustificantes

Cuestión Información
Exercicios Todos os exercicios da fase de oposición realizaranse na mesma sesión.
Orde 1. Parte común.  2. Parte específica.  3. Proba de galego.
Certificado de asistencia Dispoñible en Fides/expedient-e desde o día seguinte ao exame.
Xustificantes no recinto Non se entregarán certificados presencialmente.

4. Embarazo, parto e lactación materna

Situación Medidas e prazos
Embarazo con ingreso hospitalario, IT relacionada ou parto recente Posibilidade de realizar o exame nun hospital galego nas condicións recollidas na resolución.
Comunicación previa Comunicar a situación e a vontade de examinarse no hospital cun mínimo de 72 horas de antelación.
Xustificación do ingreso Debe recibirse, como mínimo, 5 horas antes do inicio do exame.
Parto o día do exame Se non é posible realizar a proba no hospital, poderá realizarse nos 15 días seguintes, segundo o procedemento establecido.
Lactación durante o exame Debe solicitarse nos 5 días hábiles seguintes á publicación da resolución, con excepción para maternidades posteriores ao prazo.
Lactación antes do exame Haberá unha sala habilitada fóra do recinto, sen necesidade de solicitude.
Correo para solicitudes oposicions@sergas.es

5. Prazos e cuestións que cómpre lembrar

Trámite Prazo ou condición
Publicación da resolución 16 de outubro de 2026.
Solicitude de lactación durante o exame 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación.
Comunicación para exame hospitalario Mínimo 72 horas antes, coas condicións adicionais de xustificación.
Recurso potestativo de reposición Un mes desde o día seguinte á publicación.
Recurso contencioso-administrativo Posibilidade de impugnación directa ante a xurisdición correspondente.

 

Volver