Publicación das listas definitivas de selección temporal de diversas categorías

As listas entrarán en vigor o 30 de setembro

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías:

  • calefactor/a,
  • condutor/a,
  • costureiro/a,
  • electricista,
  • fontaneiro/a,
  • lavandeiro/a,
  • mecánico/a,
  • pasador/a de ferro,
  • técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,
  • técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,
  • técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
  • telefonista

Infórmase que tal e como se acordou na comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, estas listas inclúen a nota de OPE definitiva dos exames de oposición realizados nos meses de abril-maio de 2022.

Volver