Publicación de actualización das listas de selección temporal de varias categorías
Actualización de listas de contratacións
- Selección Temporal
RESOLVE:
Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 29 de abril de 2026 nas categorías de:
- grupo auxiliar da función administrativa,
- persoal de servizos xerais,
- cociñeiro/a e
- pinche.
Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Terceiro. Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles ( do 13 ó 26 de Agosto) contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
Novas Relacionadas
Últimas novas