Publicación de anuncio sobre o concurso específico de enfermaría familiar e comunitaria

Identificación das prazas susceptibles de incluírse na próxima convocatoria

  • AgEnfermeira
  • Especialidades de enfermería
  • Sanidade Pública

Hoxe 7 de xullo de 2026 publicouse o ANUNCIO do 30 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, en relación coa próxima convocatoria dun concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

O SERGAS publica este anuncio para identificar e cuantificar as prazas a incluír de cara á próxima convocatoria do concurso específico de enfermaría familiar e comunitaria.

Para isto é imprescindible que as enfermeiras/os con praza en propiedade en atención primaria que puideran participar no concurso específico aporten e rexistren o título de enfermeira/o especialista en familiar e comunitaria no seu expedient-e no FIDES.

Ábrese un prazo ata o 31 de xullo de 2026 para aportar, quen non o tivera feito, o título de especialista.

IMPORTANTE: O certificado de aptitude (a resolución oficial que publica a listaxe de persoas aprobadas) NON SE CONSIDERARÁ VÁLIDO para os efectos de poder participar no devandito proceso.

Volver