Publicación do lugar e a data de realización dos exames da OPE de persoal de servizos xerais (PSX), por discapacidade intelectual

24 de abril de 2021 ás 10 horas en Silleda

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2019.

Data: 24 de abril de 2021.
Hora: 10.00 horas.
Lugar: pavillón 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).

As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR.

Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentarlla o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, o que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.

Volver