Publicación provisional no proceso selectivo, do concurso de médico/a de urxencias no CHUO

OPE- Concurso de médico/a de urxencias hospitalarias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

  • Oposicións

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, a relación de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, convocado pola Resolución do 14 de agosto de 2026.

Segundo. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as listaxes coa relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles (do 13/11 ao 26/11),contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación, á cal se dirixiu a instancia de participación, que se deberá presentar nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. O acollemento ou desacollemento das solicitudes de emenda entenderase implícito na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Volver