Publicación listado provisional de persoas admitidas e excluidas no Concurso de traslados 2025

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2025, e se aproba a oferta de destinos nas categorías de médico/a de familia de atención primaria e facultativo/a  especialista de atención primaria.

1.- Publicación do listado provisional de admitidos/a e excluídos/as de TODAS as categorías.

  • As persoas excluídas teñen un prazo de DEZ días hábiles (do 25 de xuño ao 8 de xullo) para corrixir o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude por escrito que deberán dirixir á unidade de validación á cal se dirixise a solicitude de participación no concurso.

 

2.-  Publicación da oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas nas categorías de médica/o de familia de atención primaria e facultativo/a especialista de atención primaria.

  • As persoas admitidas nestas categorías teñen un prazo de QUINCE días naturais (do 25 de xuño ao 9 de xullo)  para modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.
  • As persoas que opten por opten a algún dos destinos que exixen habilitacións específicas para o seu desempeño deberán rexistrar, dentro do prazo de quince días naturais anterior a posesión de tal competencia en Fides/expedient-e, na epígrafe «Outros méritos», e deberán acreditar documentalmente no mesmo prazo, mediante certificación orixinal ou copia compulsada ou auténtica dirixida á mesma unidade de validación en que presentaron a solicitude de participación.

 

Volver