Publicada a relación definitiva de persoas seleccionadas do grupo auxiliar da función administrativa. Ábrese o prazo para elección de destino.
Proceso selectivo das prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual do Servizo Galego de Saúde
- Oposicións
RESOLVE:
Primeiro. En cumprimento da base 9.2 da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 19 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 29 de decembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, excluír do proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións e decaendo en todos os dereitos derivados da participación nel, unha persoa aspirante por non presentar dentro do prazo fixado a documentación preceptiva exixida e/ou non cumprir os requisitos de participación.
Segundo. Como consecuencia do decaemento no proceso selectivo da persoa aspirante a que se refire a base anterior desta resolución, procede declarar como persoa aspirante seleccionada, logo de achegar a documentación exixida na base 9.1 da Resolución do 19 decembro de 2023, de convocatoria do proceso, a persoa aspirante identificada polo DNI: ***2882**, que se relaciona na lista de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas.
Terceiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Cuarto. Aprobar a relación de destinos que se lles ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e que figura como anexo II desta resolución.
Quinto. Abrir un prazo de dez días hábiles, (05/11 ao 18/11) contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes do grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual que constan no anexo I desta resolución seleccionen os destinos ofertados, por orde de prelación, no modelo de formulario que consta en formato editable á súa disposición na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
A selección de destinos no dito formulario polas persoas aspirantes da categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, efectuarase consonte o seguinte procedemento:
a) A persoa aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados, por orde de prelación, de maior a menor preferencia.
b) Para os efectos da súa indicación no formulario, a persoa aspirante deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.
c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo, ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.
Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo ante este órgano directivo, no prazo dun mes ( 05/11 ao 05/12) a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas