Publicada a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal

Actualización das listas de selección temporal de varias categorías.

  • Selección Temporal

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 29 de abril de 2026 nas categorías de:

- celador/a

- celador/a-quenda de discapacidade intelectual

- técnico/a en farmacia

- técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

- técnico/a superior en dietética

- técnico/a superior en documentación sanitaria

- técnico/a superior en hixiene bucodental

- técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

- técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e

- técnico/a superior en radioterapia.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles (dende o día 12 ó 25 de Agosto)

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.

Volver