Que pasa coa asistencia os sábados pola mañá en Atención Primaria?
Basta XA de improvisación e desprezo ás traballadoras!
O Conselleiro de Sanidade volve demostrar, unha vez máis, o seu absoluto desinterese polas condicións laborais e polos dereitos das traballadoras.
Están informando as traballadoras que, a partir do 1 de abril, a actividade dos sábados en atención primaria pasará ao persoal do PAC…
Pero como pretenden facelo sen ter nin sequera modificada a normativa vixente?
- O decreto de atención primaria segue sen cambiarse.
- Non hai data clara: falan da última semana de marzo.
- E mentres tanto… que pasa co 1 de abril.
QUEREN CAMBIAR AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DUN DÍA PARA OUTRO? Para CIG-Saúde este cambio supón un EMPEORAMENTO CLARO DAS CONDICIÓNS LABORAIS:
- Máis fins de semana de traballo.
- Máis carga horaria nas carteleiras.
- Máis xornadas de 24 horas.
PRETENDEN MODIFICAR AS CARTELEIRAS POR DECRETO SEN NEGOCIACIÓN E SEN QUE SE COÑEZA O SEU CONTIDO PREVIAMENTE?
Todo son dúbidas, todo é opacidade, todo é improvisación.
É absolutamente INDECENTE que a día de hoxe as traballadoras non saiban:
- Quen vai prestar asistencia os sábados.
- En que condicións.
- Con que organización.
E todo isto… SEN NINGUNHA CONTRAPRESTACIÓN ECONÓMICA. Pretenden que as traballadoras asuman máis carga, máis desgaste e peores condicións a custe cero.
- SEN NEGOCIACIÓN.
- SEN INFORMACIÓN.
- SEN NINGUNHA COMPENSACIÓN.
Isto é un ATAQUE DIRECTO aos dereitos laborais. Desde CIG-Saúde denunciamos:
- A falta total de diálogo.
- A imposición constante do Conselleiro de Sanidade.
- O desprezo ás traballadoras e á súa representación legal.
O CONSELLEIRO DE SANIDADE PODE PUBLICAR OS DECRETOS QUE QUEIRA, PERO SE NON RESPECTA OS DEREITOS DAS TRABALLADORAS, CIG-SAÚDE XA AVISA QUE HABERÁ MÁIS MOBILIZACIÓNS.
NON SOMOS PEZAS DUN TABOLEIRO!
NON IMOS ACEPTAR MÁIS ABUSOS!
AS TRABALLADORAS NON IMOS CALAR!
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas
Últimas novas