Trumpismo na Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol
Os sindicatos estatais alíanse para acalar ao sindicalismo máis reivindicativo
- Ferrol
Cando a verdade non te gusta, o que debes facer é negala. E se alguén segue a defendela, levanta a sesión. Isto pasou hoxe na Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol. Cos votos a favor de CC.OO., UGT e CSIF o resto de Organizacións Sindicais nin sequera puidemos falar de dous escritos entregados polos traballadores e traballadoras a esta Xunta de Persoal. Pero non eran dous escritos calquera.
O primeiro escrito asinado por 115 traballadoras e traballadores do Servizo de Urxencias, criticaba a actuación destes tres sindicatos perante unha petición deste Servizo. E si, 115 traballadoras e traballadores silenciadas por aqueles/as que se supón que tiñan que darlles voz e defendelas.
O segundo escrito, asinado por unha traballadora que solicitaba o amparo desta Xunta de Persoal para poderse defender da divulgación da súa identidade a través de carteis polo hospital, en relación cunha petición asinada por outras 68 persoas máis en relación coa mellora das condicións no Servizo de Urxencias. Divulgación realizada por CC.OO., UGT e CSIF, vulnerando visiblemente a Lei Orgánica de Protección de Datos. Divulgación que hoxe lle tocou a ela, e que mañá nos pode tocar a calquera. E de novo o contido deste escrito foi silenciado por aqueles/as que tiñan que darlle voz e defendela.
Como representantes legais dos traballadores e traballadores da Área Sanitaria de Ferrol quixemos poder falar, poder discutir. Pero a presidencia da Xunta de Persoal (CC.OO.) non nos deixou. Primeiro quixeron poñer unha mordaza cun "Cala!!". E cando non quixemos aceptar esa imposición e ler un texto para achegalo á acta, dentro dos dereitos de calquera Organización Sindical ,deron o seguinte paso: a presidencia da Xunta de Persoal suspendeu a Reunión da Xunta de Persoal sen nova convocatoria. Fixo un "Trump"!!
E cando quixemos entregar este escrito para rexistro a resposta foi un "Xa veremos!!"
Fartos e fartas de leis mordaza, de trabas, de que nos queiran silenciar obtamos por entregar o escrito no Rexistro Xeral para non siga ganando o silencio.
Dende cando as Organizacións Sindicais divulgan, a través dun cartel, a identidade dunha traballadora? Dende cando a intelixencia das traballadoras e traballadores de Urxencias é menospreciada de xeito tan torpe e inaceptable?
Diante desta prohibición para tratar temas incómodos, no que o dereito a seren oídos depende, de se son ou non incómodos para algúns dos presentes, no que dun modo fascistoide impoñennos o silencio, non nos queda outra que achegarvos o texto para que podades lelo.
Pretender non deixarnos intervir e silenciarnos, como a vosa representación legal, é inadmisible.
NON NOS CALARÁN
Últimas novas