Últimas novas sobre o CTAP 2025

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

INFORMACIÓN DO SERGAS

O SERGAS informou na mesa sectorial do 31 de xullo que para este ano 2025 ofertarán no concurso de traslados as prazas vacantes ocupadas a 11 de xullo de 2025, e tamén aquelas prazas vacantes non ocupadas que as áreas sanitarias decidan incorporar.

PREVISIÓNS:

- Publicación da relación de prazas das categorías que están pendentes: 22 de agosto de 2025.

- Prazo para modificar destinos: do 25 de agosto ao 5 de setembro de 2025

- Incorporación aos destinos: prevista para novembro de 2025

 

QUE PASA COAS PRAZAS COMPROMETIDAS NOS PROCESOS DE SELECCIÓN FIXA?

- Permanecerán bloqueadas neste concurso de traslados.

- As prazas de OPE que non se cubran por persoal fixo e queden desertas, sairán no concurso de traslados de 2026.

 

QUE DEFENDE CIG-SAÚDE?

Que teñen que ofertarse no concurso de traslados TODAS as prazas vacantes estean ocupadas ou non.

Que non acepta que as áreas poidan decidir de forma discrecional e arbitraria que prazas se ofertan e cales non.

Volver