Visualización das prolongacións e intersubstitucións realizadas polos/as profesionais de atención primaria en FIDES

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Dentro das medidas previstas no Manual de cobertura de ausencias en centros de saúde, publicado no DOG núm. 103 do pasada 1 de xuño, estaba contemplada a visualización do detalle diario das prolongacións e intersubstitucións realizadas polos/as profesionais de atención primaria na plataforma FIDES.
 
O SERGAS informa que está visualización xa está dispoñible na dita plataforma,  dentro do bloque de nóminas, na opción de Cobertura de ausencias en centros de saúde.  Con esta nova opción os e as profesionais de atención primaria poden consultar, mes a mes, a actividade realizada para a cobertura de ausencias en centros de saúde.
 
Esta nova consulta mostra mes a mes, polo miúdo, o(s) día(s) no(s) que se realiza a cobertura, a modalidade desta, o nome do/a profesional substituído/a (de ser o caso) e o número de profesionais que realizan a cobertura no caso de intersubstiucións, así como o concepto retributivo en nómina e o seu importe.
 
Para consultar o manual pincha aqui.

Volver