Quen somos

CIG-Saúde é a federación da Sanidade da Confederación Intersindical Galega (CIG); é dicir, ocúpase de todos os asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade.

Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo nacionalista, feminista e de clase no que os principios de solidariedade e acción sindical global son o eixo da nosa actividade como sindicato.

Os nosos principais obxectivos, establecidos nos estatutos de CIG-Saúde, son os seguintes:

  • A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.
  • A defensa do carácter de servizo público da atención da saúde, e por tanto a consolidación dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade.
  • A loita contra o corporativismo e a integración dos lexítimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de calase, e unha acción común.
  • A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean.

Nos distintos procesos electorais da sanidade pública, CIG-Saúde foi incrementando o número de votos e o de delegados e delegadas, o que significa un aval importante ao noso traballo sindical. Froito deses resultados é a nosa ampla representación nas 11 Xuntas de Persoal, e especialmente na Mesa Sectorial de Sanidade, ámbito de debate e negociación coa Consellaría de Sanidade. Así mesmo formamos parte da Mesa Xeral da Función Pública Galega e nas Mesas de Sector de ámbito estatal.

CIG -Saúde non só defende os dereitos profesionais e laborais de todos os traballadores e traballadoras, senón que ofrece á súa afiliación información puntual sobre aquelas cuestións que lles poidan interesar. Consideramos que a información é prioritaria e imprescindible, non só para ter coñecemento do que está a acontecer na sanidade en xeral, senón tamén para dar difusión ás nosas propostas e transparencia ao traballo sindical que desenvolvemos.

Estrutura organizativa

Son órganos nacionais de goberno da CIG-Saúde:

  • O Congreso
  • O Consello Federal
  • O Secretariado Federal
  • A Executiva Federal

Son órganos comarcais de goberno da CIG-Saúde:

  • A Asemblea comarcal
  • O Consello Comarcal

Son órganos locais de goberno da CIG-Saúde:

  • A Asemblea Local
  • O Consello Local

Son órganos unipersoais da CIG-Saúde:

  • A Secretaría Nacional
  • A Secretaría Comarcal
  • A Secretaría Local

Executiva federal

  • Manuel González Moreira. Secretario nacional de CIG-Saúde
  • Ana Belén Lestón Gallardo. Secretaria de organización
  • Lucía Peón Soutiño
  • Marián Rodríguez Blanco
  • Miguel Tizón Méndez. Responsable de sanidade privada
  • Irene Tato Mosquera
  • Xabier Alvedro Álvarez

Comarcas de CIG-Saúde:

  • A CORUÑA. Secretaria comarcal. María Formoso Leis
  • SANTIAGO. Secretario comarcal. Xosé Manuel Marcote Baña
  • FERROL. Secretaria comarcal. Sandra Martínez Yáñez
  • LUGO. Secretario comarcal. David Vázquez Vázquez
  • OURENSE. Secretario comarcal. Francisco Antón González Sanmamede
  • PONTEVEDRA. Secretario comarcal. Xermán Rouco Llanderrozas
  • VIGO. Secretaria comarcal. Pilar Rodríguez Pérez

Localidades de CIG-Saúde:

  • A MARIÑA. Secretaria local. Montserrat Porteiro Sánchez
  • MONFORTE. Secretario local. Vicente Vázquez Vázquez