• Ag Persoal non sanitario
  • Sanidade Pública

  • Ag Persoal non sanitario
  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Vaise solicitar na próxima reunión de Mesa Sectorial
  • Ag Persoal non sanitario
  • Sanidade Pública

Real Decreto do Catálogo Homoxéneo de Equivalencias das Categorías do Persoal Estatutario
  • Ag Persoal non sanitario
  • Sanidade Pública

Solicitamos unha Mesa de Diálogo para elaborar un novo acordo sobre a Mellora da Atención Primaria
  • Ag Persoal non sanitario
  • AgEnfermeira
  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Que é a Agrupación de Persoal non sanitario?

A Agrupación do PNS de CIG-Saúde dirixe o seu funcionamento aos seguintes ámbitos funcionais e territoriais:

  • A Agrupación PNS de CIG-Saúde diríxese ás categorías de PNS (xestión e servizos) de atención especializada como de atención primaria, para debater, organizar e canalizar as respostas aos seus problemas específicos
  • A Agrupación PNS de CIG-Saúde deberá funcionar tanto no ámbito nacional como no comarcal e local

A Agrupación PNS de CIG-Saúde ten os seguintes obxectivos e funcións:

  1. Analizar a problemática laboral específica dos colectivos de persoal non sanitario.
  2. Elaborar propostas para a acción sindical de CIG-Saúde, contribuíndo ao seu debate e difusión entre os colectivos de persoal non sanitario.
  3. Propoñer e impulsar iniciativas de organización e implantación entre os colectivos de persoal non sanitario
  4. Prestar atención específica aos aspectos profesionais, formativos e asistenciais que afectan ao traballo dos distintos colectivos e profesionais de persoal non sanitario e ás súas condicións e regulación.
  5. Impulsar unha política de información e comunicación directa da CIG para os colectivos de PNS.
  6. Favorecer unha visión global, integradora e solidaria das solucións aos problemas comúns do sector sanitario, implicándose na acción sindical xeral de CIG-Saúde.
  7. Aportar a visión do PNS sobre as políticas sanitarias xerais e as alternativas construídas dende a CIG.
  8. Facilitar a relación con asociacións e entidades PNS de contido profesional e formativo (cualificacións).