A CIG denuncia que a Xunta aplica os cambios no complemento específico, que negociou cos lobbys médicos, sen pasar pola mesa sectorial
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Prazo de presentación de solicitudes ata as 17h do 15 de setembro do 2023
  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Denuncia que co millón de euros/mes que suporá poderíanse reforzar os cadros de persoal, reducir as listas de agarda e mellorar a calidade asistencial
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Publicado hoxe en DOG
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Os feitos confirman que incrementar o número de prazas MIR non é suficiente para ter máis profesionais da medicina familiar e comunitaria
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

  • AgMédica
  • Atención primaria
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Reclama evitar posibles conflitos de intereses entra a pública e privada
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

  • AgMédica
  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Prazo de presentación de solicitudes: do 5 ao 19 de setembro de 2022
  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Especialidades de enfermería
  • Formación

CIG-Saúde rexeita o documento presentado e solicita de inmediato que se tomen medidas a prol de captar profesionais.
  • AgMédica
  • Atención primaria
  • Mesa Sectorial

CIG-Saúde solicitou ao SERGAS a convocatoria urxente da comisión do acordo de FEAs de urxencias hospitalarias
  • AgMédica
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Que é a Agrupación Médica?

O debate establecido en CIG-Saúde sobre o papel do persoal facultativo no sindicato, e a última acción sindical, pulando das mobilizacións dos médicos e médicas, tivo como unha das súas consecuencias a decisión de crear a Agrupación Médica de CIG Saúde (AgM - CIG Saúde) que, a principios de xuño de 2004, tomou o Consello Nacional do sindicato.

Esta decisión supón un fito histórico no sindicalismo sanitario galego e español: un sindicato de clase, a CIG, maioritario entre o conxunto dos traballadores e traballadoras da sanidade, decide afrontar un problema común a todos os sindicatos de clase entre os médicos e médicas: buscar fórmulas para superar a debilidade da súa presenza organizada entre o persoal facultativo, e combater a aparente hexemonía dos sindicatos corporativos nestes sectores profesionais.

As médicas e os médicos afiliados de CIG-Saúde, consideramos que a creación dunha estrutura organizativa específica de facultativos, dentro do sindicato, abre unha nova e ilusionante xeira no sindicalismo sanitario galego.

Consolidar a Agrupación Médica de CIG Saúde como un referente organizativo útil para a defensa das lexítimas reivindicacións do persoal facultativo, afortalando a unidade interna de CIG-Saúde, é a tarefa que temos por diante.